jueves, 3 de marzo de 2011

TESE DE PARTIDA

Existen unha serie de conxuntos urbanos policéntricos formados por vilas que establecen entre elas múltiples relacións e sinerxias e conforman espazos dinámicos cunha poboación cuantitativamente equiparable á de calquera cidade galega de tamaño medio pero cuns vínculos co territorio moito máis diversos.

Son ¨cidades subxacentes¨, en formación, cunha ¨masa crítica¨ que permite grandes potencialidades para xerar riqueza e servizos ós cidadáns.

¿Cómo debemos de abordar dende o mundo da arquitectura e da planificación do territorio estes espazos? ¿É factible unha planificación conxunta? E en todo caso, ¿con que nivel de intensidade? ¿consorcios? ¿plans supramunicipais? ¿fusións de concellos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario